A Sociedade

A Sociedad Hijos de Palmeira, fundada no 1929 en EEUU, nace como unha asociación sen ánimo de lucro “pro escola”, ca premisa de que aqueles veciñ@s con unha máis ou menos mellor posición económica podían aportar recursos a través das suas cuotas e outros tipos de iniciativas para a recaudación de fondos para o beneficio dos que menos tiñan, poñendo ao frente a necesidade da Educación.

Os tempos cambian e as necesidades e os intereses da sociedade tamén. A Sociedad Hijos de Palmeira tuvo etapas gloriosas, como tamén máis turbulentas, a través da sua historia. Facer un resumo non é nada doado pero vamos intentalo.

A través dos tempos a Sociedad Hijos de Palmeira foi un pilar fundamental para o desarrollo do pobo de Palmeira. A parte da sua pegada como fundación “pro escola”, a Sociedade foi crecendo, adquirindo o seu propio patrimonio como o edificio e sede das oficinas desta Sociedade que ademáis alberga a día de hoxe un bar/cafetería para disfrute de tod@s, unha zona de ocio para soci@s, biblioteca, salón de actos, ludoteca, etc.

A Sociedade é propietaria de 2 campos de fútbol (un deles en desuso a día de hoxe). No campo vello vivíronse os tempos máis gloriosos do Club Palmeira de fútbol, unha das actividades deportivas derivadas desa base “pro escola” pola que foi fundada, e parte fundamental das actividades da sociedade a día de hoxe.





Na parte cultural naceron varios grupos de folclore tradicional galego nesta sociedade, grupos de baile, gaitas, pandereteiras, etc. Varias xeracións de rapaces e rapazas foron formados cultural e deportivamente gracias a esta iniciativa de un puñado de emigrantes.  Parte fundamental a través da sua longa historia sigueu sempre sendo a delegación estadounidense da Sociedad, hoxe denominada “Fillos de Palmeira”, coas súas aportacións incansables a través dos anos.

A día de hoxe impartense clases de gaita, pintura ao óleo, pintura en tela, calceta, costura, ganchillo, etc. E ten habido clases de informática, baile de salón, tutorías escolares, zumba, e un sin fin de diversas actividades.

Celébranse anualmente bailes e celebracións de fin de ano, reis magos, entroido, baile cena ou comida do emigrante, algún que outro cumpreanos, exposicións de todo tipo de arte, presentacións de libros, obras de teatro, cine, e ata algún que outro concierto ten habido nas súas instalacións. Probablemente tan variadas as actividades que quedarán no tinteiro unhas cuantas. Recordo de rapaz xogado moitas tardes ao ping-pong e ao futbolín, e aqueles concursos de disfraces espectaculares. Todo aquelo que fai que unha sociedade medre, disfrute, aprenda, e viva en comunidade.

A día de hoxe, a Sociedad Hijos de Palmeira conta con un número apróximado de uns 450 soci@s, últimamente un pouco estancada pola avanzada idade dos seus socios e a falta de xente xoven que retome o relevo xeracional necesario para manter todo esto vivo. A cuota anual é a día de hoxe 84 € (7 € ao mes) que apenas pagan un par de copas. Si che interesa e tes inquietude Faite Soci@. No ano 2029 estaremos de centenario.